Introducción

O motor Mendocino foi deseñado polo inventor Larry Spring de Mendocino (California) en 1994. Larry tomou a idea dun motor solar deseñado por Doug Pérez e Bob Blick ao que lle incorporou un sistema de imáns para suspender o rotor por levitación magnética. As principais características deste motor as que debe o seu alto rendemento son.

  • Eliminación das escobillas, xa que a corrente eléctrica necesaria para conseguir o campo magnético que fai funcionar o motor e xerada directamente no rotor polas células fotovoltaicas.
  • Práctica eliminación de chumaceiras físicas. Coa combinación de imáns na base e no rotor e un punto de apoio frontal conséguese a levitación do rotor. Realmente o único punto no que aparece rozamento e este punto de apoio frontal.

O motor está formado por un rotor cadrado cunha célula en cada unha das caras. As placas solares están conectadas por parellas a cada unha das dúas bobinas das que consta o motor. Ao circular corrente polas bobinas xérase un campo magnético que se acopla cun imán permanente situado no estator (base). A práctica ausencia de rozamento permite utilizar células fotovoltaicas de pequena potencia, así pódese conseguir que o motor xire en condicións de pouca luz grazas a que o efecto do rozamento nos apoios e co aire é desprezable