Rotor de madeira de chopo

O prototipo realizado en madeira de chopo correspóndese cos planos publicados no apartado "planos e esquemas". O motivo de seleccionar esta madeira foi a facilidade para conseguila e a súa baixa densidade que, para o núcleo deste modelo, calculouse en 0.43 kg/dm3. A madeira recomendada para construír este tipo de núcleo é a balsa cuxa densidade está entre 0.1 e 0.2 kg/dm3. Para facer o rotor máis lixeiro practicáronse uns trades lonxitudinais. O núcleo fabricado ten unha sección transversal de 45x45 mm, o eixe ten unha lonxitude de 200 mm e o peso total do rotor é de 87 gr. Neste caso o ser mais pesado o rotor necesita máis luz para funcionar. A diferenza do prototipo anterior separáronse máis os imáns da base encargados da sustentación, así o xiro do rotor é máis estable, ten menos vórtice. O imán da base para este modelo está incrustado na cara inferior por razóns estéticas, isto fai que o motor perda un pouco de potencia porque se debilita o campo magnético que se acopla coas bobinas. O funcionamento deste prototipo é máis estable debido ao maior peso do rotor e a maior separación entre os imáns da base.